Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Empresa de Baiona lanza oferta de laboral para 87 postos de traballo

Correo-e Imprimir PDF

Camping Bayona PlayaA oferta ofrece traballo para a temporada estival de 2024.

O camping de Baiona Playa situado en Baina acaba de lanzar a súa oferta anual de emprego para a temporada estival de 2024. En concreto buscan cubrir vacantes para recepcionistas, administrativos, cociñeiros, axudantes de cociña, socorristas para piscina, lavandería, xardins, mantemento, limpeza de praia, dependentes e caixeiros de supermercados e persoal de servizo de limpieza.

As persoas interesadas poden enviar os seus curriculums ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou entregar físicamente no propio camping.

Aberto o prazo para solicitude de subvencións para entidades culturais e deportivas de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

O prazo para a presentación da solicitude será dun mes, contado a partir do pasado 21 de xuño, día seguinte á publicación do extracto da convocatoria e segundo se deprende do texto publicado no Boletín da Provincia.

A concesión destas axudas estará suxeita á disponibilidade presupuestaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016, segundo a consignación da aplicación presupuestaria 924-48900 do Orzamento xeral de 2016, polo importe 24.000 euros.

O Diario Oficial da Provincia vén de publicar o extracto da resolución de alcaldía de Baiona de 6 de xuño de 2016 pola que se convocan subvencións para actividades a realizar en 2016 por asociacións culturais ou deportivas.

O Liceo de Baiona organiza o I Concurso Infantil “Pinta as Cíes”.

Correo-e Imprimir PDF

illas-cies-dende-baionaO Liceo Marítimo de Baiona organiza o vindeiro domingo 19 de xuño o I Concurso de pintura infantil ao aire libre "Pinta as Cíes". Este será o inicio da escola de Pintura que pretende crear o Liceo, a partir de setembro, baixo a dirección de Claudio Maseiro.

Celebrarase desde as 11.00 da mañá e poderán participar os nenos e nenas de 5 a 14 anos. A temática será sobre "As Illas Cíes" vistas desde o paseo marítimo de Baiona e contorna. A técnica será libre, sobre unha lámina tamaño A4, que será facilitado pola organización.
O mesmo domingo, de 9:30 a 11:00 horasse poderán inscribir os participantes.

Novo accidente cun coche precipitándose ao rio Miñor na ponte da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

Este veciño non dubidou acudir o rescate do accidentado lanzándose ao río | Foto @ManuelValpazoUn veciño de Baiona precipítase ao río co seu coche dende a ponte nova da Ramallosa.

Non é a primeira vez que un vehículo leva por diante o valado deste tramo da ponte e termina no río ou pendurado da mesma ponte.

Baiona acada o Premio ás “Boas Prácticas Locais” contra a violencia de xénero do Ministerio de Sanidade.

Correo-e Imprimir PDF

recorte-Ministerio-de-Sanidad02O premio estatal pretende dar pulo á loita contra a vilencia de xénero no eido municipal. Convocados polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade xunto ca Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), esta IV edición do premio tamén distinguiu aos concellos de Alcobendas (Madrid), e Casar de Cáseres. O premio é un recoñecemento aos seus proxectos de sensibilización, prevención e atención contra a violencia machista.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL