A demanda e o consumo da auga en Baiona comezará a ser monitorizado por un programa informático que controlará o Instituto Tecnolóxico de Galicia. Segundo a administración municipal, o seu obxectivo será mellorar a xestión da auga potable e dos procesos asociados coa planificación urbana. O programa, coñecido como sistema WIZ permitirá dispor aos organismos da administración local e tamén aos cidadáns, dun sistema de información accesible a través de Internet.
Có acordo firmado esta mañá entre o alcalde Jesús Vázquez Almuiña, Rafael Louzán pola Deputación de Pontevedra e mais Carlos Calvo Orosa do ITG, a administración baionesa afirma buscar mellorar o análise da xestión da auga a longo prazo. O proxecto WIZ, acrónimo inglés de Waterize Spatial Planining, é un proxecto cofinanciado polo Programa LIFE da Unión Europea, de carácter ambiental, centrado na xestión da auga a desenvolver no periodo 2010- 2013.
Segundo os promotores da iniciativa, esta achega permite mellorar e por en valor a información xa existente á hora de analizar a xestión da auga a longo prazo, planificarlla territorialmente e aumentar o coñecemento e a participación pública. O programa, afirman, implicará máis aos cidadáns e empresas e permitirá medrar a cooperación transnacional con outros proxectos europeos.
O programa permitiría coñecer de mellor xeito os procesos de oferta e demanda, o que facilitaría ao concello plantexar os posibles escenarios de disponibilidade en función de factores como o cambio climático, as variacións de poboación ou o turismo entre outros.
O presidente da Deputación coincidiu có alcalde en sinalar que "tenemos que concienciarnos de que el agua no es un recurso inagotable, y así lo estamos comprobando los últimos años". Louzán agregou que “Tenemos que implicarnos, y sobre todo, primar a las empresas y familias el ahorro del agua"
O proxecto WIZ será desenvolvido polo I TG, fundación privada sen ánimo de lucro constituída en 1991, a que se encargará de divulgar e sensibilizar a los axentes implicados a través de xornadas, grupos de trallo, e intercambio de informacións.
Dim lights Embed Embed this video on your site