Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O desemprego medra máis dun 9% en Baiona .

O desemprego medra máis dun 9% en Baiona .

Correo-e Imprimir PDF
casco_vello_baiona

O desemprego en Baiona medrou un 9,32% en relación ao mes de setembro. A falla de traballo xa afecta a 1126 veciños do municipio, dos cales 587 son mulleres e 539 son homes. A crise laboral na vila real incrementouse por riba da media galega (3,96%) e equivale a case tres veces a que sufriu no seu conxunto a área metropolitana de Vigo (3,33%). Os datos oficiais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia salientan o parón no sector servizos do concello, o que rexistra unha marca histórica ao chegar aos 627 casos.

A perda de postos de traballo afectou a tódolos rubros da economía baionesa a que deixou sen actividade remunerativa a 96 persoas no transcurso do mes de outubro. Os números do desemprego na vila indican que hai 34 casos no sector da agricultura e pesca (29 en setembro), 132 na industria (123), 182 na construción (175), 627 nos servizos (562) e 151 persoas na busca do seu primeiro emprego (141).