Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Medra o malestar nos comerciantes de Sabarís ante un novo peche da Rúa Julián Valverde.

Medra o malestar nos comerciantes de Sabarís ante un novo peche da Rúa Julián Valverde.

Correo-e Imprimir PDF
A avenida leva máis de dúas semanas pechada por problemas na nova estación de bombeo
O camiño do Ferreiro leva varias semáns expulsando augas fecais á Foz do Miñor
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

"Os setes meses xa son once", protesta Pilar Loperena, presidenta de COEMSA, a asociación dos comerciantes de Sabarís, en relación aos traballos de humanización sobre a Rúa Julián Valverde. Sinala que a principal arteria comercial da localidade volve ser obxecto dun novo peche por obras de reparación dunha bomba de extracción de recente colocación. A imposibilidade da circulación pola zona preocupa aos comerciantes pois xa leva dous semanas e arrestora non recibiron ningunha comunicación oficial que informe sobre a data ou duración da intervención.

Neste contexto, a asociación dirixiu este xoves unha consulta á empresa Extraco, concesionaria das obras, solicitando un informe técnico que explique as razóns deste novo peche da rúa e os motivos polos cales se tivo que intervir "unha bomba ou depósito de extracción recentemente instalada".

A humanización da Rúa Julián Valverde debía estar rematada en xaneiro, "pois ben, estamos entrando a maio e non ten pasado unha semana sen que os veciños e comerciantes se viran afectados por cortes de tráfico", sinala Loperena. A voceira agrega que a situación fai medrar a preocupación e "desesperación" do sector xa que está a piques de comezar a temporada alta na zona "e a obra sen entregar".

Motivos da avería.
Non quedan claros os motivos da avería pero algunhas fontes consultadas sinalan que o problema é  un defecto constructivo no estanque da nova estación de bombeo. A bomba estaría facendo vacío no interior do tanque provocando grietas e a rotura das paredes de poliéster do tanque. Ainda que oficialmente non existe información algunha nin da empresa nin do concello.
A caseta de obra instalada de novo ao pé de obra denotan que o problema non se trata de algo puntual. Outras fonte sinalan a unha saturación da bomba por non estar separadas correctamente as augas pluviais e fecais. O cheiro desta zona de Sabarís resulta insorpotable nalguns momentos do día.

Verquidos á Foz do Miñor
A presente avaría leva semanas vertendo augas fecais dende a rede de saneamento á rede de pluviais á altura do Camiño do Ferreiro. As alcantarillas sacan a relucir restos fecais que rematan nunha alcantarilla que conecta directamente co paseo da Foz do Miñor. Outras fontes consultadas sinalan a unha error na separación das fecais e pluviais, un erro grave dado que as obras de humanización con cargo a fondos europeos tiña con principal finalidade esa separación das augas fecais e pluviais.