Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona leva á aprobación final o seu PXOM sen o consenso do pleno.

Baiona leva á aprobación final o seu PXOM sen o consenso do pleno.

Correo-e Imprimir PDF
O Burgo, Baiona

O Pleno extraordinario deste martes en Baiona deu a súa aprobación final ao documento do PXOM cos votos dos 10 edís do PP e mais o voto do edil non adscrito Antonio Amorín (ex-UPyD).

O documento que será enviado á Xunta de Galicia para a súa aprobación final non acadou o consenso dos representantes do PSOE e o BNG.

 

Rematada a sesión celebrada este martes ao mediodía o equipo de goberno gabouse da importancia deste documento cara os próximos 15 anos que en materia urbanística regulará o concello. Pola súa banda, tanto socialistas como nacionalistas amosaron o seu desacordo coa forma en que a maioría popular xestionou a tramitación e fundamentalmente co espírito do Plan. Para PSOE e BNG, o novo PXOM non solucionará os "problemas reais" de Baiona e coinciden sinalar nun estimulo do uso "especulativo" do chan.

O documento do PXOM que aínda non foi dado a coñecer publicamente polo Concello –si o fixeron os grupos da oposicións nas súas respectivas webs- acadou importantes críticas dende os grupos da oposición, agás o ex-edil de UPyD non adscrito, unha vez que o pasado luns 17 de marzo o alcalde Jesús Vázquez achegara unha copia do mesmo aos portavoces.

Sen apenas tempo para analizalo, o pasados xoves, unha vez transcorrida a xuntanza de portavoces co equipo redactor, a edil Isabel Domínguez (PSOE) advertiu de graves deficiencias nos estudos e previsións nas que se baseaba o documento. 

A pesar das ameazas por parte do goberno de Baiona,  a portavoz socialista revelou o pasado xoves a VM.info feitos como que o equipo redactor descoñecía que Baredo, a parroquia máis afectada por novas infraestruturas e zonas urbanizables, carece de abastecemento municipal de auga. Nese senso revelouse na reunión deste xoves, que o único estudo de augas que sustenta o desenvolvemento dun campo de golf e catro zonas de nova urbanización nesa parroquia é un informe da empresa Espina e Delfín. Unha empresa privada con intereses no concello por ser a concesionaria municipal do servizo. A maiores, esta empresa non atende a zona  por contar con traídas comunais, e por tanto non contén no seu informe os consumos reais da parroquia baionesa.

A pesar da brevidade dos prazos, o PSOE afirma levar detectadas varias incongruencias, erros e deficiencias nos informes avaliativos do PXOM achegados desde a Xunta de Galicia e ministerios do Estado. Entre elas, o PSOE advirte fallas de previsión no financiamento de infraestruturas viarias proxectadas, e espazos dos montes comunais recalificados como urbanizables a pesar de contar con protección forestal.
Pese a este tipo de reticencias, todos estes informes revisados polo PSOE, rematan sendo "favorables" ao novo documento urbanístico, coa advertencia de que deberán ser salvadas "en futuros plans sectoriais" unha vez superada a aprobación final.

O PXOM aumenta en máis dun terzo o actual parque inmobiliario.

O PXOM prevé un incremento dun 37,32% no número de vivendas para os próximos 15 anos. Unha cifra desproporcionada segundo a concelleira Isabel Domínguez baseándose nos datos do INE en Baiona que cifra actualmente  4.120 vivendas principais, 3.383 secundarias “ocupadas un mes ao ano” e 1.062 baleiras. A cifra relaciónase cunha previsión non fundamentada con estudos demográficos, na que se asevera que nos próximos 15 anos a poboación local aumentará en 3.436 habitantes, cando nos últimos 15 anos só medrou en 1.376.

Pola súa banda, o BNG coincidiu cos socialistas nas principais críticas e manifestou nun comunicado unha serie de precisións polas cales xustificaba o seu voto contrario ao documento.

Nese senso, sinalan que "mantense unha ubicación do polígono industrial nun entorno que desde que se prantexou evidencia a súa inviabilidade, mantense un equipamento deportivo que acabará convertíndose nun campo de golf xustificando a súa utilidade pública por riba da posta en valor dos montes veciñais, evítase prantexar alternativas á áctual ubicación do Camping Baiona Playa e mantense a visión de que en Baiona deben construírse vivendas secundarias en troques de potenciar a primeira residencia".

Os nacionalistas critican o feito que o Partido Popular "céntrase nun só sector produtivo, o turismo, evitando a diversificación que faga posible que Baiona conte con máis alternativas laborais e que evite a continua emigración dos baioneses e baionesas que marchan do noso concello por non ter opción laborais e por non poder permitirse os altos custes de residencia que provocou a especulación urbanística".

Agregaban que o prantexamento "de que as prazas hoteleiras no noso concello non están correctamente dimensionadas prantéxase que habendo vivendas secundarias cóbrese perfectamente esa demanda".