Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Na procura de Inês, unha meniña de Lisboa que enviou unha mensaxe nunha botella que arribou a Baiona

Na procura de Inês, unha meniña de Lisboa que enviou unha mensaxe nunha botella que arribou a Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Mensaxe de Ines meninha de 12 anos de Lisboa

Nun mundo globalizado e interconectado, onde a inmediatez da información pola rede rompe as latencias de espera propias das antigas canles de comunicación; cando acontece un feito como que imos relatar non podemos deixar de sorprendernos, ilusionarnos e emocionarnos. Algo tan sinxelo como unha mensaxe nunha botella.

Iso foi o que lle aconteceu o pasado domingo a Luisa e Carlos, nai e fillo, cando navegaban en canoa por Ladeira. No medio do mar, unha botella de cristal flotando cunha mensaxe no seu interior.

A mensaxe está escrita en portugués e ven asinada por unha meniña de 12 anos de Lisboa chamada Inês e dice así:

___________________________

Ola, eu son a Inês tenho 12 anos e vivo em Lisboa, Portugal.

Decidi mandar esta menssagem para saberem um poco de mim !! XD

Tenho uma irmâ chamada Sofia de 8 anos

Tenho media de 4 a todas as disciplinas

Tive 4 nos 2 exames. Espero que gostem disto !

Cor favorita: Azul

Desporto favorito vela

Da andei: nataçao, ginastica, ballet, música e vela

Comida favorita: Lasanha

Bebida favorita: coca cola chery

:)

Beijinhos Inês

--------

Recabando datos da experiencia en Divulgamar.

Cousas do destino fixo que unha das receptoras da mensaxe, Luisa Martínez, é responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, e leva adiante un proxecto de divulgación da ciencia e tecnoloxías mariñas chamado DivulgaMar que foi precisamente dende esta canle dende onde Luisa e o seu fillo lanzaron a súa mensaxe para atopar a Inês, xa que a súa carta non leva remitente nengún para poder contactar con ela.

A experiencia serviu de alento para as persoas involucradas no proxecto educativo e pode que sexa un punto de partida para iniciar proxectos con outros centros do país ou mesmo de Portugal.

"Cabe a hípotese de que a botella poidera lanzarse dende un punto distinto de Lisboa, dado que Inés conta que lle gusta practicar a vela, máis os cálculos que fixemos é totalmente factible que esta mensaxe chegase dende Lisboa percorrendo 10Km diarios arrastrada polas correntes do atlántico." conta Luisa  "até que non atopemos a Inés non imos poder saber o punto exacto de partida". Inda así Luisa conta sentirse moi emocionada, ao igual que o seu fillo Carlos. "é a primeira vez que atopamos unha mensaxe nunha botella, en todos os anos que levamos navegando, e a verdade e que non podemos ocultar a nosa emoción pola experiencia"

A partir de ahí dende Divulgamar estudarán co alumnado o cálculo da traxectoria da botella e as correntes que interviron no seu derroteiro ata as costas de Baiona.

A mensaxe de volta a Lisboa

Dende valminor.info tamén quixemos aportar o noso gran de area na procura de Inês e por iso puxémonos en contacto coa redacción do diario Publico-PT de Portugal para que dende alí volvan a espallar a mensaxe e así conseguir atopar á meniña lisboeta para que saiba que a súa mensaxe chegou a bó porto.

O concello de Baiona como institución, dende logo, non debería perder esta oportunidade e brindar a Inés e á súa familia a posibilidade de coñecer Baiona e satisfacer así o cometido da aventura desta mensaxe .

Punto do mapa onde se atopou a botella de Inês