Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona presenta o programa de actividades para o Día do Turista.

Baiona presenta o programa de actividades para o Día do Turista.

Correo-e Imprimir PDF
rozalen

Baiona ofrecerá a veciños e visitantes un feixe de actividades con motivo do Día do Turista, a celebrarse o vindeiro venres 22 de agosto. A primeira dará comezo ás 10 da mañá cunha visita guiada pola vila e que partirá da Oficina de Turismo. Paralelamente ás 10:30 horas no campo do Aral terá lugar un torneo de fútbol-7 . No resto da xornada terán lugar brincadeiras e obradoiros para os cativos, un paseo marítimo, a actuación de Rozalén e unha queimada na praza do concello que pechará as actividades do día.

O espectáculo central terá lugar ás 23 horas co concerto da cantautora Rozalén (Albacete, 1986), quen está a presentar o seu primeiro disco Con derecho a..., editado en 2013. O mesmo terá lugar na praza do concello.
O paseo de Ribeira acollerá durante toda a xornada xogos e talleres para nenos. Tamén se ofrece unha ruta en barco pola costa e dúas visitas guiadas a algúns dos puntos máis emblemáticos do municipio.
Pola noite, ás 24 horas na praza do concello, o Bruxo Queiman dramatizará a preparación e conxuro da queimada da que logo se degustará de forma gratuíta.