Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Socialistas acusan ao PP de non consensuar coa comunidade educativa de Baiona as FP básicas.

Socialistas acusan ao PP de non consensuar coa comunidade educativa de Baiona as FP básicas.

Correo-e Imprimir PDF

A situación xerada coa implantación dos ciclos básicos de FP de Electricidade e Electrónica no IES 1º de Marzo "preocupa" á agrupación socialista de Baiona. A imposición desta especialidade de FP ao centro pola Xunta de Galicia está a traer graves problemas pola ausencia de infraestruturas adecuadas para atendelo. Nomeadamente a carencia dun laboratorio específico para o seu ensino. Os socialistas entenden que a resolución foi tomada polo goberno autonómico sen consultar á comunidade educativa de Baiona. Tamén sinalan ao gobernante PP no municipio "que dende o Concello non di nada e non defende os intereses dos seus veciños".

As dificultades denunciadas polo centro foron duramente reprochadas pola Xefatura Provincial na propia web da Consellaría de Educación, segundo denuncia do sindicato da CIG. "Os socialistas de Baiona queren mostrar o seu absoluto apoio e solidariedade coas reivindicacións que está a facer a comunidade educativa do IES 1º de Marzo", salienta o PSOE nun comunicado.