Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Militantes socialistas ratifican a candidatura de Rafael Lores á alcaldía de Baiona.

Militantes socialistas ratifican a candidatura de Rafael Lores á alcaldía de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

O PSOE de Baiona xa ten candidato á alcaldía. O ex concelleiro Rafael Lores Rosal ocupará o primeiro lugar na lista das vindeiras municipais tras ser ratificada a súa candidatura nunha asemblea de militantes celebrada o pasado domingo 19 de outubro. Máis de 60 persoas segundo fontes da agrupación participaron do acto que pechou o proceso de primarias iniciado en Baiona. Trala elección, Lores fixo un chamado a asociacións e colectivos veciñais para dialogar na procura de solucións aos problemas que atravesa o municipio.