Mércores, 17 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A Policía Autonómica detén a un veciño de Baiona por furtivismo e marisqueo ilegal

A Policía Autonómica detén a un veciño de Baiona por furtivismo e marisqueo ilegal

Correo-e Imprimir PDF
Meji-berbe

Fóronlle requisados 23 quilos de percebe e diversos útiles para a extracción de marisco.
A Policía Autonómica da Xefatura de Vigo vén de informar da detención no día de onte dun veciño de Baiona por furtivismo e marisqueo ilegal.


No transcurso dun dispositivo posto en marcha pola Policía Autonómica nos últimos días nos concellos de Baiona, A Guarda e Oia en colaboración co servizo de Gardacostas, localizouse no dia de onte a un veciño de Baiona realizando pesca furtiva nunha zona costeira da localidade de Oia. Foron comisados 23 quilos de percebe, un traxe de neopreno e varios útiles de pesca para a extracción do marisco.
Sinalan que "o detido é un furtivo habitual na costa sur da provincia de Pontevedra", segundo informa a Policía Autonómica, "con numerosos altercados e condutas violentas cos vixiantes de pesca. A última o pasado día 10 en Baiona, onde atacou a un vixiante cunha raqueta ocasionándolle diversas lesións na cabeza e nunha perna".