Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A remodelación portuaria de Baiona habilitará un centenar de novas prazas de amarre.

A remodelación portuaria de Baiona habilitará un centenar de novas prazas de amarre.

Correo-e Imprimir PDF

Portos de Galicia comeza a remodelación das instalacións portuarias de Baiona. Habilitará un centenar de novas prazas de amarre para esloras menores co obxectivo de dar cabida as embarcacións que actualmente se atopan fondeadas.


Portos de Galicia anuncia que vén de comezar as obras de remodelación das instalacións náutico recreativas de Baiona. Así o comunicou o presidente do ente público, José Juan Durán, este luns nunha visita á zona para comprobar o inicio dos traballos de reordenación dos atraques que desenvolve o seu departamento.
A actuación consiste na habilitación dun centenar de prazas de atraque para embarcacións de sétima lista, de xeito que segundo o ente "permite suprimir os fondeos existentes actualmente na zona, aportando unha maior seguridade aos usuarios". En concreto ordenaranse as prazas de atraque para embarcacións de esloras menores ás existentes nos pantaláns que funcionan actualmente nos dous portos deportivos do concello.
Esta actuación, financiada cunha partida finalista de Fondos europeos Feder, aseguran, "dará resposta á actual situación do peirao baionés que conta cunha lista de espera de máis de 50 barcos. Así mesmo, resposta a unha demanda trasladada polos usuarios e o Concello de Baiona a Portos de Galicia".
Finalmente, Durán Hermida explicou tamén que entre os beneficiarios das novas instalacións atópase unha ampla representación de profesionais xubilados do mar, para os que Portos de Galicia ten establecido bonificacións na ocupación de prazas.