Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Detido un veciño de Baiona como suposto autor de varios roubos con forza no edificio onde reside.

Detido un veciño de Baiona como suposto autor de varios roubos con forza no edificio onde reside.

Correo-e Imprimir PDF
coche Guardia Civil

A Garda Civil detivo este venres pola mañá a H.D.R., de 21 anos de idade, veciño de Baiona, como suposto autor do roubo con forza en cinco dos trasteiros do inmoble onde reside así como de dúas bicicletas. As denuncias dos veciños afectados provocou a investigación que deu por resultado a devandita detención.


Así, na mañá de hoxe, procedeuse á detención do presunto autor e á recuperación de ambas bicicletas así como diversos efectos, produto dos roubos nos trasteiros, como un reprodutor de cine, unha maleta de coiro, tdts, dvds e candelabros, entre outros efectos, segundo da conta a Garda Civil.
O detido, que conta con antecedentes policiais, foi conducido ás dependencias oficiais da Garda Civil para a instrución das correspondentes dilixencias que serán entregadas no Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, onde terá que presentarse H.D.R., cando para iso sexa requirido xa que, en principio, foi posto en liberdade.