O Carrabouxo protagonizará a TERTULIA do IEM do mes de marzo.

Imprimir
o-carrabouxo
O próximo venres 11 de marzo terá lugar a TERTULIA do IEM con Xosé Lois González, "O Carrabouxo". O convidado será presentado polo profesor e escritor Alfonso Álvarez Cáccamo. O faladoiro dará comezo ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar). Ao remate do faladoiro haberá unha cea co convidado que terá lugar no Pazo da Escola na parroquia de Mañufe (Gondomar), para asistir á mesma é necesario facer reserva ao teléfono 986 360 575 (polas tardes) ou no móbil 680 644 490.