Mañá comeza o ciclo de cine "Lois Tobío na República de Weimar" co film O Anxo Azul .

Imprimir
Cartel-Tobiocine-1

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Fundación Vicente Risco, coa colaboración do Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo, organizan o ciclo de cinema "LOIS  TOBÍO NA REPÚBLICA DE WEIMAR". As películas en Versión Orixinal con subtítulos en galego serán proxectadas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) sede do Instituto de Estudos Miñoranos, segundo o seguinte calendario:

Xoves, 17 de marzo.- Der Blaue Engel (O  anxo azul), 1930, 109´ de Josef von Ternberg con Marlene Dietric

Xoves, 24 de marzo.- Die Symphonie der Großstadt ( Berlín, sinfonía dunha gran cidade ) 1927, 62 min de Walter Ruttman

Xoves, 31 de marzo.- Emil und die Detektive (Emilio e os detectives) 1931, 75´ de Gerhard Lamperecht

Xoves, 7 de abril.- Cabaret, 1972, 128´ de Bob Fosse con Liza Minelli

As proxeccións serán ás 20:00h. Pregase puntualidade.

Durante o curso académico 1929-1930 Lois Tobío estivo en Berlín cunha bolsa de ampliación de estudos, esa estancia dará pé a algunhas das páxinas do seu brillante libro de memorias As década de T.L., publicado en 1994. O que anos máis tarde sería o principal estudoso da figura de don Diego Sarmiento de Acuña, Iº Conde de Gondomar, deixou as súas impresión sobre o Berlín de entreguerras  que será a temática a que se achega este ciclo.

Ficha Técnica de O Anxo Azul.

O Anxo Azul Der blaue Engel. Alemaña, 1930, 109 min

Director: Josef von Sternberg

Guión: Karl Zuckmayer, Karl Vollmuller, Robert Liebmann (segundo a novela de Heinrich Mann)

Música con cancións: Frederick Hollander, Robert Liebmann, Richard Rillo

Fotografía: Günter Rittau e Hans Schneeberger (branco e negro)

Reparto: Marlene Dietrich, Emil Jannings, Kurt Gerron, Rosa Valetti, Hans Albers, Eduard von Winterstein

Xénero: Drama

Sinopse: Lola, «O Anxo Azul», é aparentemente unha rapaza alemá fermosa, un pouco tímida, e sen misterio. Porén, o seu encontro co profesor Rath, un solteiro de 50 anos, terá inesperadas consecuencias.

Este é o primeiro gran filme de Marlene Dietrich, arrebatadora e sedutora. É unha crónica dunha Alemaña escura.