Alfonso Álvarez Cáccamo falará no marco das actividades do Día das Letras Galegas en Nigrán.

Imprimir
O escritor Alfonso Álvarez Cáccamo falará do seu libro

Este xoves 17 de marzo dende as 19,00 horas no Centro da 3ª Idade de A Ramallosa (a vella estación do Tranvía), Alfonso Álvarez Cáccamo falará do seu libro “O Eco de Ramallón” (nacida da unión dos nomes de Ramallosa e Mallón). O faladoiro forma parte do conxunto de actos literarios e artísticos que o Concello de Nigrán está a desenvolver como preparación da celebración do Día das Letras Galegas.

O concelleiro de Cultura Juan González adiantou que o escritor Alfonso Álvarez Cáccamo ofrecerá "un conxunto de relatos nos que é quen de ironizar e ironizarse fuxindo do transcendentalismo intelectual, unha literatura divertida, en que Álvarez Cáccamo fai unha despiadada caricatura da sociedade." O concelleiro informou tamén que o "obxectivo do Concello de Nigrán é encher de palabras os próximos meses ata chegar ao Día das Letras Galegas, de este xeito autores relacionados con Nigrán e con obras que centran a súa temática sobre Nigrán falarán das súas obras e do que Nigrán significa e significou na súa traxectoria."

Os actos culminarán o día das Letras Galegas o 17 de maio na Praza de San Campio da Ramallosa dende as 19 horas cun acto homenaxe ao Poeta Lois Pereiro, e a actuación do grupo de Teatro “A Tropa de Trapo” que escenificará a súa obra “A viaxe das palabras”. O concelleiro Juan González afirmou que"Trátase polo tanto de achegar os libro que falan de Nigrán aos nosos veciños así como de achegar a literatura a todos os cidadáns, pretendemos que en Nigrán todos os días sexan días de letras galegas".