Andaina pola Serra da Groba con Verdegais, o IEM e mais SOS Groba.

Imprimir
vairoteirosvalinfo
O vindeiro domingo 20 de marzo, as asociacións S.O.S. Groba, Instituto de Estudos Miñoranos e Verdegaia organizarán un novo roteiro do programa de roteiros mensuais de Verdegaia "Vai de roteiros!" pola Serra da Groba, a serra mareira máis meridional da Galiza. O grupo partirá coa intención de amosar as particulares características faunísticas, florísticas, xeolóxicas, arqueolóxicas, etnográficas e a singular beleza deste espazo natural ó mesmo tempo que analizarán as agresións e ameazas que padece. A saída será as 9:45 h. da estación de autobuses de Vigo ou ás 11 h. da porta do Parador de Baiona dende onde se subirá en coches particulares á parte alta da serra. O roteiro durará todo o día, polo que se recomenda levar auga, comida e algo de conversa. É imprescindible a inscrición previa.