Continúa o ciclo "Lois Tobío na República de Weimar" coa proxección de "Emilio e os detectives"

Imprimir
emil_detektive

O próximo xoves 31 de marzo ás 20:00h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" de Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos terá lugar a segunda das proxeccións do ciclo "Lois Tobío na República de Weimar".

Trátase do célebre filme de Gerhard Lamprecht "Emilio e os detectives" nos que se iniciaba como guionista Billy Wilder. A proxección é na súa versión orixinal en alemán con subtítulos en galego.

Ficha técnica

Emil und die Detektive. Alemaña, 1931,75 min

Director: Gerhard Lamprecht

Guión: Erich Kästner, Emeric Pressburger, Billy Wilder

Fotografía: Hannes Hubach

Reparto: Rolf Wenkhaus, Käthe Haack, Emil Tischbein, Fritz Rasp

Xénero: Infantil

Sinopse: Aventuras e peripecias de Emilio, un espelido neno alemán de 12 anos, que durante unha viaxe a Berlín é roubado por un ladrón. É un divertimento amable, adornado con intriga, acción, aventuras sen fin e moito sentido do humor. No seu día, foi un grande éxito de público, aínda que algúns grupos de fanáticos queimaron os libros en que se baseaba, porque eran «contrarios ao espírito alemán». Erich Kästner seguiu escribindo poesía satírica, teatro, e libros infantís co pseudónimo

de Berthold Bürger. Este tamén foi un dos primeiros guións de Billy Wilder.