O IEM proxectará o filme Cabaret na súa versión orixinal subtitulada ao galego.

Imprimir
Cabaret-680844145-large

O próximo xoves 7 de abril remata o ciclo “Lois Tobío na República de Weimar” coa proxección de Cabaret, (gañadora de 8 oscars). A película proxéctase na súa versión orixinal  en inglés e subtitulada en galego. A proxección comezará ás 20:00h, no Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) na Avda. da Feira, número 10, baixo, en Gondomar. A presentación correrá a cargo de Luís  Martínez Risco, da Fundación Vicente Risco que xunto ao Goethe-Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo fixeron posible que tódalas  películas do ciclo puideran ser exhibidas na súa versión orixinal e con subtítulos en galego.

Ficha Técnica:

Cabaret. Estados Unidos, 1972

128 min.

Director: Bob Fosse

Guión: Jay Presson Allen e Hugh Wheeler

Música: John Kander

Fotografía: Geoffrey Unsworth

Reparto: Liza Minnelli, Michael York, Helmut Griem, Marisa Berenson, Fritz Wepper, Joel Grey

Xénero: Drama musical

Sinopse: Berlín, anos 30. O partido nazi gaña o poder nunha cidade onde o amor, o baile, e a música, mestúranse coa vida nocturna do Kit Kat Club. Un refuxio máxico onde Sally Bowles e un pícaro mestre de cerimonias fan esquecer o triste da vida...

É un dos mellores musicais da historia, que extrae a súa forza dunha dirección vibrante, uns diálogos con chispa e números musicais soberbios, cunha banda sonora inesquecible.

Premios: Oscars (1973): mellor director, actriz (Liza Minelli), actor secundario (Joel Grey), fotografía, son, montaxe, dirección artística, banda sonora adaptada. Premio BAFTA á Mellor película (1973). Globo de Ouro á Mellor película (1973).