A libraría LIBRAIDA presenta "Domingos de calcetíns brancos" do sociólogo Manuel Pérez Rúa.

Imprimir
calcetins_brancos

A libraría LIBRAIDA de Gondomar presenta o libro "Domingos de calcetíns brancos. Relato do cambio social na xeración de 1950", do escritor Manuel Pérez Rúa. A obra foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009 e será presentada por Emilio García Crego. Trátase dun retrato sociolóxico da xeración de 1950 e a evolución da sociedade nas etapas de posguerra, a ditadura, o anoitecer do franquismo e os primeiros pasos na democracia. O acto celebrarase o venres, 8 de abril ás 20:30 na libraría situada na Rúa Rosalía de Castro nº 13 en Gondomar.

Manuel Pérez Rúa (Moaña, 1956) Sociólogo. Coordinador cultural do Concello de Moaña . É autor de Moaña (1991), coautor de Galicia SL (1995). Realizou distintos estudos sociolóxicos relacionados co campo sociocultural e urbanístico. O discurso áxil do autor, acompañado coas anécdotas e pasaxes contadas polos propios entrevistados, fan deste libro unha lectura agradable e amena.