O documental "Arde Madrid" do cineasta miñorano Antonio Caeiro presentarase no Día da República.

Imprimir
CARTEL-ARDE-MADRID-NIGRAN

O filme "Arde Madrid. Un documental sobre la infancia perdida", do cineasta miñorano Antonio Caeiro, será estreado o vindeiro xoves 14 de abril ás 21 horas na Lonxa de Panxón, no concello de Nigrán. A obra ofrece unha retrospectiva do momento da toma de Madrid polas forzas franquistas a través da testemuña dos nenos e nenas daquela. O acto está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Nigrán coa colaboración da Asociación Cultural O Faiado da Memoria.

Sinopse

Arde Madrid é a historia dunha infancia perdida. A historia duns nenos e nenas que se atopan no medio dun conflito militar (a Guerra Civil) e nunha cidade asediada (Madrid). Durante case sesenta minutos, 13 persoas (entre as que están Eduardo Haro Tecglen, Concha Carretero, Maruja Borrel ou Felisa Trampal) van a relatar as súas vivencias, os seus medos, a súa fame, os seus medos,... durante eses tres anos que durou a guerra. Todo a través dunha viaxe en metro (símbolo de refuxio e comunicación naquela época) que remata no cemiterio do Este, lugar de remate dalgunhas vidas.