Dúas rutas guiadas poñen en valor a historia da Vila de Baiona durante a Semana de Turismo.

Imprimir
Visitas guiadas Turismo de Baiona
turismo_baiona
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Dende hoxe, veciños e turistas poderán participar de dúas rutas guiadas pola Vila Real de Baiona. Unha delas dará a volta á fortaleza de Monterreal polo seu perímetro interior. Durante o percorrido un equipo de guías estudante do Obradoiro Erguesía de Baiona,  explicará o contexto histórico, arquitectónico e paisaxístico deste importante enclave medieval. A segunda das rutas parte do Parque da Palma, pasando polo paseo marítimo, o museo da Carabela la Pinta, a Lonxa de pescadores e o Casco Vello de Baiona, para finalizar cunha visita ás igrexas ex Colexiata e Santa Liberata. Os itinerarios realizaranse ata o domingo 24 de abril. O horario de saída será de mañá ás 11:30 h e pola tarde ás 18:00 h . As rutas terán como punto de partida e de chegada a oficina de Turismo, situada a carón da entrada á fortaleza de Monterreal. Os interesados poden realizar a correspondente inscrición e acadar mais información na citada oficina.

Exposición do escritor Valle Inclán na Casa Carbajal.

Ata o final de mes está aberta ao público a exposición sobre o escritor Valle Inclán na Casa Carbajal (futura Casa – Museo da Navegación). O horario de visitas é de 11 a 14 h e de 16:30 a 20h.