O quecemento global, o desxeo polar e a acidificación da auga dos océanos en debate no IEM.

Imprimir
Debora_Iglesias

Este venres 6 de maio, na Aula de Cultura Ponte de Rosas o IEM recibe á oceanógrafa Débora Iglesias Rodríguez da Universidade de Southampton (UK). Iglesias, licenciada en Bioloxía pola USC, realizou a súa tese de doutoramento en Gales. Participou en varios proxectos de investigación da NASA (USA) e na Universidade de Nottingham. Na actualidade imparte aulas no National Oceanography Centre da Universidade de Southampton e dirixe un equipo de investigación de Bioloxía Molecular Mariña. No marco das TERULIAS do IEM 2010 - 2011, a convidada debaterá sobre o quecemento global, o desxeo polar e a acidificación da auga dos océanos, temas que integran algúns dos seus campos de investigación.

A convidada será presentado polo membro da xunta de goberno do IEM Xilberte Manso de la Torre. O faladoiro dará comezo ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar). Ao remate do mesmo haberá unha cea co convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, para asistir á mesma é necesario facer reserva polo que os interesados poden facelo no teléfono 986 360 575 (polas tardes) ou no 680 644 490.