Teatro para nenos con “Frankenstein” de Gazhafelhos, o sábado no Auditorio Lois Tobío

Imprimir
FRANKENSTEIN2

A compañía ferrolá de teatro infantil Ghazafelhos presentará mañá sábado 7 de maio en Gondomar a súa última producción, “Frankenstein”. Seleccionada na última Feira das Artes Escénicas de Galicia, a obra xoga cos clixés das historias de terror para contar a historia de Igor, un ser diferente que se agocha nun castelo. Ata el chegarán dous intrépidos aventureiros na busca do monstro de Frankenstein. Escrita e dirixida por Pepablo Patinho, a obra fala das “diferencias que nos fan sentir mal” e de como conseguir que se convertan en algo positivo.

A representación de “Frankenstein”, será o sábado ás 18.00 horas. As entradas, ao prezo de 2.5 euros, venderanse desde unha hora antes na taquilla do Auditorio Municipal Lois Tobío.