O Café Rañolas de Gondomar recibe dende ás 20 horas dese xoves 12 de maio o evento poético Vento Lois. O mesmo e parte dunha homenaxe ao poeta Lois Pereiro organizado pola "seita loisista", co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores. En Gondomar será Espazo Lectura a encargada da organización. Navaza será o encargado de ler o
Manifesto loisista e varias persoas lerán textos e poemas de Lois Pereiro, a quen se dedica o Día das Letras Galegas 2011.