IV Serán á Beira do Mar en Baiona

Imprimir
Seran-Baiona

{plusone}

O vindeiro sábado 4 de xuño os colectivos “O Ximbaleu Tramallo Cultural”, “Asociación Cultural A Seneira” e a “Escola de Danza Vila de Baiona” organizan por cuarto ano consecutivo o “Serán á Beira do Mar” na vila de Baiona.

“Serán” é o nome que se lle da a un tipo de festa participativa na que diferentes grupos de música tradicional (pandereiteiras, gaiteiros e percusionistas, acordeonistas,….) interpretan diferentes temas namentres no campo da festa báilanse ao xeito de sempre as jotas, muiñeiras ou pasodobres. Festa participativa por que nos Seráns os músicos non veñen contratados, a xente xúntase libremente para cantar, tocar e bailar, en definitiva para compartir unha noite de FESTA conservando as nosas tradicións.

O programa do “IV Serán á Beira do Mar”:

19:00 - Obradoiro de música e danza tradicional no Auditorio Municipal

20:30 - Pasarrúas polo Casco Vello, saída dende o Auditorio ata o Parque da Palma

22:00 - Serán no Parque da Palma, haberá sorteos, servizo de bar e a media noite bica e chocolatada de balde para todos os asistentes.