A parroquia de Parada en Nigrán acolle a primeira edición do Montecastelo Rock

Imprimir
GuitarrraElectrica350

-O festival celébrase o venres 17 e o sábado 18 de xuño en Montecastelo.

-Entrada gratuíta, acampada e unha cantina con comida e bebidas son algúns dos alicientes do Montecastelo Rock.

Parada acolle a primeira edición do Montecastelo Rock, un festival integrado por grupos de Vigo e a súa área metropolitana. Organizado pola Comisión de Festas de Parada, o Montecastelo Rock celébrase o venres 17 e sábado 18 de xuño a partir das 22 horas no miradoiro de Montecastelo. Entrada libre, acampada gratuíta e unha cantina con comida e bebidas son algúns dos alicientes da primeira edición deste festival.

O Montecastelo Rock estréase co obxectivo de repetir o próximo ano. Strangled with Guts, MxPxD (Matas Por Dinero), Kratos e Lapsus Menti é a oferta rockeira do venres. Zona Zero, Trial, Costa Bélica, Rif e o monologuista Kuchi-Kabesa de Boi pechan o cartel da segunda xornada do festival.