Presentación da novela Dark Butterfly, de Rexina Vega na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Imprimir
dark1

 

A Aula de Cultura Ponte de Rosas acollerá presentación do libro Dark Butterfly, do que é autora a escritora e crítica Rexina Vega. O acto terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, av. da Feira, 10, baixo, o vindeiro xoves 31 de maio ás 20:30 horas.

Esta obra, cun título metafórico que, ademais, reproduce a lingua estraña que a protagonista adopta para tratar de evadirse da realidade ingrata, augur dunha terrible derrota, supón un testemuño excepcional (a causa dunha historia familiar semellante á narrada literariamente), documentado e estremecedor que se apodera do lector e faino participar na amarga loita contra o inferno da esquizofrenia. A introdución do acto correrá a cargo de Carlos Méixome, director do IEM, mentres a presentación propiamente dita correspóndelle á autora apoiada por Begoña Outeiro, Lucía Riveiros,
Paz Raña Lama, Iolanda Zúñiga, Marta da Costa e Rafael Álvarez, xerente
da Asociación Avelaíña do Val  Miñor, formulada como unha intervención artística con breves parlamentos sobre a novela. Proxectarase, tamén, un vídeo feito por Manuel Forcadela na Asociación Avelaíña.