Fin de semana con churrascada e Bingo social na parroquia de Vincios.

Imprimir
churrascada-e-bingo

 

A comisión de Festas de Santa Mariña de Vincios celebrará unha churrascada e un bingo social esta fin de semana. O sábado a partir das 22 horas, no torreiro de festas poderá desgustarse churrasco de porco, chourizo, pan e cunca de  viño por a un custe de 10 euros. A xuntanza contará coa actuación do dúo Azar. O Domingo a partir das 17 horas terá lugar un Bingo social con importantes premios. Para esa actividade contarase cunha carpa cuberta.

 

 

As dúas actividades forman parte dos actos preparatorios que a comisión de Festas de Santa Mariña de Vincios está a desenvolver cara a súas festas patronais.