Este venres, 1 de xuño, tertulia do IEM co doutor Fernando Ferrón Vidán especialista en endocrinoloxía.

Imprimir
fernando ferron 250 250

Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será este venres 1º de xuño de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea co convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 4 90 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

O convidado será presentado polo membro da Xunta de Goberno do IEM Xosé Ramón García Martínez.

Fernando Ferrón Vidán, Licenciado en Medicina e Ciruxía pola USC, especializouse en Medicina Interna no Hospital Xeral de Vigo e doutorouse co traballo "Niveles de leptina durante la realimentación de pacientes anoréxicas, su correlación con la cantidad de grasa corporal y el BMI y su influencia en la aparición del ciclo menstrual".

Socio fundador da Sociedade de Nutrición e dietética de Galicia e da Sociedade Galega de Medicina Interna. Foi responsable de Nutrición e Dietética do Hospital de Conxo e puxo en marcha a Unidade de trastornos alimentarios deste mesmo Hospital.

Fundador, organizador e coordinador da unidade de trastornos alimentarios do Hospital Policlínico La Rosaleda de Santiago de Compostela, única unidade multidisciplinar privada que funciona actualmente en Galicia.

Ten publicado traballos sobre endocrinoloxía en diversas revistas internacionais así como participado con relatorios en gran número de congresos.