Cine, teatro e música conforman a oferta cultural da fin de semana en Gondomar.

Imprimir
palco-musica-2

-O Concello patrocina a Festa do Socio no Centro Cultural de Donas que terá lugar o sábado 23 e domingo 24

-O Palco da Música acolle o domingo o concerto da Orquestra do Conservatorio Municipal de Gondomar dentro do programa de posta en valor e dinamización deste espazo emblemático do concello

Gondomar recibe a fin de semana cunha programación cultural chea de propostas atractivas e variadas que deixarán na parroquia de Donas e no Palco da Música recentemente recuperado música, cine e teatro.

O Centro Cultural de Donas acollerá o sábado, dentro da programación da Festa do Socio, a proxección ás 23 horas da película 'Vicky, el viquingo', dirixida a todos os públicos. Xa o domingo, actuará a Banda Escola Infantil Vincios, as 18 horas, que dará paso a representación ás 12 horas do espectáculo 'Casting Tour', a cargo da compañía Pinga Teatro, coa que se porá punto final á festa.

O domingo 24 de xuño ás 13:30 a Orquestra do Conservatorio Municipal de Gondomar actuará no Palco da Música. Este concerto inscríbese dentro do programa de actividades que o Concello ten en marcha para pór en valor e dinamizar o Palco da Música e a Praza do Concello.