Teatro do Morcego representa ‘Os patios da memoria’ no auditorio Lois Tobío este venres

Imprimir
teatro morcego

-O domingo 7 de outubro o Centro Cultural de Borreiros acolle o espectáculo 'A miña sogra'

 

O teatro será o protagonista esta fin de semana en Gondomar dentro da programación cultural organizada polo Concello de Gondomar, coa representación de dous espectáculos a cargo de compañías destacadas dentro do panorama dramático galego. A primeira das citas terá lugar o venres 5 ás 22 horas no auditorio Lois Tobío. Trátase da posta en escena da obra 'Os patios da memoria' a cargo da compañía Teatro do Morcego, un espectáculo de evocación á infancia, ao descubrimento do sexo e o mundo dos adultos a través dos ollos dun neno. A entrada é de 5 euros.

Xa o domingo 7 de outubro, ás 18 horas, o Centro Cultural de Borreiros converterase no escenario ao que Teatro Expresións Produccións leve a obra 'A miña sogra'. Con esta representación remata o ciclo deste ano de teatro nas parroquias, unha iniciativa que bota o peche cun grande éxito de participación, e pola que se anuncia, a Concellería de Cultura seguirá apostando.