Carlos Blanco trae o Humor Neghro a Baiona

Imprimir

Este venres 18 de abril ás 22:00h no Auditorio V Centenario de Baiona, terá lugar o espectáculo HUMOR NEGHRO de Carlos Blanco e Maneca Costas dentro da programación cultural da 1ª Edición Baiona a Escena da Concellería de Cultura de Baiona.

Carlos Blanco (Galicia) y Manecas Costa (Guinea) unen os seus talentos nun espectáculo de humor e música onde a neghritudw e o humor danse a man. Partindo de tópicos tipo "como os vemos" ou "como nos ven", "como veñen e como viven entre nós", "Humor neghro" une razas e culturas.A lusofonía como nexo de unión entre un humorista galego e un cantor centro-africán.Unha cultura común, a linguaxe e unha maneira propia de mirar a vida.

O espectáculo está organizado pola Fundación Caixanova e subvencionado polo Concello de Baiona. O prezo da entrada é de 6 euros. A taquilla abrirase dúas horas antes do espectáculo (20:00h) e tamén poderanse retirar por internet na páxina web de Caixanova  entradas: televenda caixanova

 

 Humor Neghro.

Como a fame. Negra.
Humor con "gheada".
Humor Neghro contra a fame, porque temos fame de humor.
Sede de rir.
"Somos galegos, polo tanto, negros", dixo Reixa hai tempo.
Traballamos como negros toda a vida.
Emigramos. Montamos o bar, ¿e que?
¿Hai futuro na hotelaría?
¿Ou no i+d?
¿Pódeselle aplicar i+d á hostalería?
¿Ou témolo negro igual que os gandeiros?
Humor Neghro.
Carlos Blanco e Manecas Costa.
Branco e negro. Noite e día.
Europa e África man a man.
A man negra guineana de Manecas pondo voz e baile, ritmo e baile.
A man branca de Carlos Blanco "rapeando", recitando, sinalando co dedo todo o
que se move.
¿De verdade se move algo neste país?

 

¿Que entendemos por Humor Neghro?

Porque o humor ten cores; branco, azul, amarelo, vermello, castaño, verde... e negro, claro.
Cada época, cada lugar, cada circunstancia ten o seu. O humor cambia, avanza. Do humor de boina - noutrora racista e vulgar -, dos chistes de “gangosos” ou "mariquitas” do franquismo, das cintas de “cassette” vendidas en gasolineira pasamos ao “monólogo humorístico” que hoxe impera.
Mais a idea de camiñar cara adiante, de avanzar, lévanos a observar as máis novas tendencias. O humor surrealista, ás veces incomprensíbel, dos anuncios publicitarios que nos desconcerta, un humor sutil, contemporáneo, discutíbel mesmo como humor en moitos casos. Ou o humor máis salvaxe que trunfa nos países punteiros como Gran Bretaña ou Australia.
Humor Neghro parte da idea do humor ao límite: Até onde se pode chegar reflexionando sobre a morte, o suicidio ou a depresión, entre outros temas? ¿Podemos incluír no lote o orgasmo partindo da acepción francesa “petitemort”?
Humor Neghro é, pois, capacidade de risco. Arriscar. Diso se trata. Non tanto provocar como remexer algo no espectador/a. Pór en alto e con sensibilidade xeitos de rir que só se adoitan permitir no campo máis privado. No ti a ti.


Humor Neghro non é un monólogo, é moito máis. É un diálogo entre Galiza e África. Un cómico galego (Carlos Blanco) e un músico guineano (Manecas Costa). Combinado con imaxes e realizado dun xeito distendido, feliz, entretido…