Presentación do novo libro de Viqueira

Imprimir

A librería «Libraida» de Gondomar acolle esta tarde, ás 20. 30 horas, a presentación do último traballo do escritor e xornalista, Víctor Manuel Iglesias Viqueira. No acto, que presentará o director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome,intervirá ademais o autor de «La muñeca que fue a la escuela», editado pola empresa gondomareña Obatalá. Iglesias Viqueira introducirá aos asistentes na lectura da súa última publicación.