Visita ao porto de Vigo e xornada de educación vial en Nigrán

Imprimir
A Concellería de Educación de Nigrán que dirixe Estela Pérez, organiza coa colaboración da Autoriadade Portuaria de Vigo, unha visita ó porto de Vigo, para os máis cativos, na que visitarán as Lonxas de altura e de baixura e logo farán un recorrido pola ría nun barco da Autoridade Portuaria.

O prezo é de 3€ por cativo e poderán participar  maiores de 5 anos. Os interesados teñen que inscribirse na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar ou no 986.368.734. As prazas son limitadas.

 

Xornada de Educación Vial

As Concellerías de Educación e Seguridade, organizan para o vindeiro 19 de agosto, unha “Xornada de Educación Vial” para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos. A xornada celebraráse nas instalacións da Xefatura da Policía Local de Nigrán, a partires das 11:30h. Os interesados en participar deben inscribirse na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar ou no 986.368.734. As prazas son limitadas.