María Goretti Fariñas recibiu o III Premio Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Imprimir
maria-goretti-urbano-esmerodes-fino-lorenzo
Alfonso-de-Lis
balcons-do-mior
CRA-Antia-Cal
araceli-gonda-ma-mourio
maria-goretti
Marta-Dacosta
non-si-teatro
  • Anterior
  • 1 of 8
  • Seguinte

María Goretti Fariñas recibiu o pasado sábado o III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local Menor de Morgadáns pola súa obra Devastacións dispoñibles. Á gañadora foille entregado un cheque por 3000 euros de mans do presidente da Entidade Local Menor de Morgadáns, Urbano Esmerode. Tamén recibiu a peza conmemorativa deste evento obra do escultor miñorano Fino Lorenzo. Na cerimonia foi presentado o libro Devastacións dispoñibles, editado polo Instituto de Estudos Miñoranos, organizador do evento.

Á entrega de premios asistiu Alfonso de Lis en representación da alcaldía,  representantes do goberno do Concello de Gondomar, concelleiros de todos os grupos municipais, membro do IEM e veciñas e veciños do Val Miñor. Escusou a súa asistencia José Luis Méndez Ferrín, Presidente da Real Academia Galega por motivos de axenda.

A mantedora do acto foi a xornalista Araceli Gonda e interviñeron Marta Dacosta, o alumnado de Educación Infantil CRA Antía Cal, o grupo Non si? Teatro e o grupo de gaitas Balcón do Miñor.