Celtic Roots chega ao CEIP Humberto Juanes.

Imprimir
todos_nenos_juanes
Avelino_Gonzalez
Budio_firma_celtic_roots
budio_profe_musica_avelino
chus_avelino_budio
lorenzojuanes_gonzalez_peralta_colaneri
nenos_ceip_juanes
  • Anterior
  • 1 of 7
  • Seguinte

A obra Celtic Roots que recolle unha experiencia educativa - musical con nenos de Manchester, Irlanda e Nigrán foi presentada no CEIP Humberto Juanes de Nigrán, onde naceu o proxecto. O traballo inclúe un disco de adiu e mais un dvd con cancións interpretadas polos nenos do CEIP H. Juanes, o ST. John`s Catholic Primary Scholl (Manchester – Inglaterra) e ST. Cronan’s – Bray (Irlanda).

A produción estivo a cargo do equipo de técnicos de Casa de Tolos que realizou traballos nos estudos de Mañufe (Gondomar) e viaxou con seu equipo móbil de gravacións a Inglaterra e Irlanda. A profesora Chus Álvarez do CEIP Juanes foi a coordinadora do proxecto, e os músicos Xosé Manuel Budiño, Michael Mc Goldrick e Dónal Lunny os padriños musicais do mesmo.

O álbum foi presentado pola propia profesora Chus e mais o actor Avelino González aos nenos do CEIP que encheron o salón de actos. Tamén estiveron presentes no evento, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño (padriño musical) a directora María del Carmen Lorenzo e o equipo de profesores do colexio. Logo de cantar con Budiño e gozar cos contos de Avelino González os nenos recibiron un exemplar do traballo que foi entregado ao mestre responsable de cada grupo. Os organizadores tamén obsequiaron cunha copia do Celtic Roots a Efrén Juanes, alcalde de Nigrán, Juan González concelleiro de Cultura e Urbanismo do concello e ao Instituto de Estudos Miñoranos.