Inscricións abertas para o Entroido 2011 no Concello de Nigrán.

Imprimir
comparsa_nigran09
O Concello de Nigrán destinará 2500 euros en premios para as comparsas que participen no Entroido 2011 organizado pola municipalidade. O prazo de inscrición abre o 28 de xaneiro ata o 18 de febreiro inclusive, en horario de 9 a 14 horas. O regulamento e as bases están dispoñibles no rexistro e na web do Concello.