Espazo Lectura participa en Huesca nas "V Jornasdas Aragonesas de Bibliotecas"

Imprimir
rincon-infantil-gondomar

O 1 e 2 de abril Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, e Rosana Estévez, vicepresidenta e responsable da área de animación, participarán en Ballobar, Huesca, nas “V Jornadas Aragonesas de Bibliotecas, Lectura y Escritura“. As datas teñen un significado especial, pois o 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil.

Precisamente será na tarde do 2 de abril, a partir das 16:15 horas, cando Concha Costas interveña para expoñer o proxecto de Espazo Lectura na mesa redonda titulada “Dos experiencias con familias”. Espazo lectura compartirá mesa con Itziar Zubizarreta, profesora e directora do programa vasco de animación á lectura desde bebés 'Bularretik Mintzora' (Do peito á palabra).

Antes, o mesmo día 2, entre as 11:00 e as 12:00 horas, na Biblioteca de Ballobar, Rosana Estévez ofrecerá unha sesión de contacontos para nenos e nenas a partir de tres anos titulada "Contamos crocodilos".