Certame literario de relatos curtos e contos en Nigrán.

Imprimir
cartel-correxido-e-definitivo-concurso-literario

Ata o próximo 30 de abril está aberta a convocatoria para presentarse ao “1ª Concurso Literario de relato curto e conto en galego”, organizado pola Asociación Veciñal Dunas, a Editorial Barafunda e mais o Concello de Nigrán. Os interesados poderán participar na categoría Xuvenil ata 18 anos ou na maior. Os gañadores recibirán premios cunha obra conmemorativa, lote literario, lote de produtos e a posibilidade de concertar acordo coa Editorial Barafunda para o desenrolo e publicación da obra. As bases poden retirarse no Concello de Nigrán ou descargarse na web do concello.