Convocatoria a lectura de poesía en homenaxe a Lois Pereiro no Café Rañolas

Imprimir
Vento-Lois-12-M-737x1024

Espazo Lectura únese a unha iniciativa de ámbito galego de homenaxe a Lois Pereiro, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano. Trátase de Vento Lois, un recital expansivo que se vai celebrar ao mesmo tempo en diferentes lugares o xoves 12 de maio a partir das 20.00 horas. En Gondomar, o lugar escollido é o café Rañolas e Espazo Lectura invita a escoller algúns poemas ou fragmentos de Lois Pereiro para ler ese día. Como o tempo é escaso,os organizadores solicitan a confirmación canto antes ao teléfono 637 923 703.