Insomnio

Imprimir
stop-motion

Insomnio é unha peza experimental realizada en stop motion por Rubén Domínguez e Eire García. O montaxe e postprodución é de Rubén Domínguez. Interpretado por Santi Zubizarreta, Eire García e Rubén Domínguez. A música de Delia Derbyshire, The United States of America, Sun Ra e John Cage.

Dim lights Embed Embed this video on your site

O stop motion ou parada de imaxe é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. En xeral, denomínanse animacións stop motion as que non entran na categoría dos debuxos animados, nin na de animación virtual. Isto é, que non son debuxadas en 2D nin animadas integramente por computador en 3D. Senón que son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade.