O día que Lois Pereiro subiu á Serra do Galiñeiro

Imprimir
ies-touroo-serra-galieiro

No marco da celebración do Día das Letra Galegas, o IES Terra de Turonio realizou unha "Lectura expansiva e performance" no monte Galiñeiro con textos de Lois Pereiro por parte de alumnado de 3º da ESO. As verbas de LoisPereiro sobrevoaron o ValMiñor acompañados de sons eléctricos e acústicos da guitarra de Xosé González.

Logo dunha breve sesión de vestiario e maquillaxe, deuse lectura do manifesto Loisista nun lugar cheo de simbolismo e ameazado pola instalación dun parque eólico. As palabras de Lois Pereiro adquiriron alí todo o sentido nas voces destes alumnos que son ademais veciños das parroquias de Gondomar. Especialmente sentidas, informan os asistentes, foron unhas verbas pintadas nunha pancarta: Terra, Lingua, Cultura, Dereito á diferenza. Mente aberta ao mundo...e nada máis.

Os alumnos representaron nas laxes do Monte Galiñeiro ( ao lado do espazo do curro ) o guión de televisión elaborado por Lois Pereiro con motivo do Día da Patria Galega. Esta actividade formou parte do proxecto VentoLois que se realizou en toda Galicia e foi filmada para unha posterior edición.

Concerto de Uxía e Sérgio Tannus no Auditorio do Centro Cultural de Vincios.

A partir das 13.00 hs. a totalidade da comunidade educativa do IES Terra de Turonio asistiu a un concerto de Uxía, acompañada polo multiinstrumentista brasileiro Sérgio Tannus. Uxía fixo un percorrido pola música e os poemas de autores galegos e da lusofonía.

A Cadena Ser emitiu o sábado 14 de maio un programa especial sobre as Letras Galegas onde se destacou especialmente esta actividade realizada o día anterior polo IES Terra de Turonio. O programa está disponible na Web: www.avivirgalicia.info( Especial Letras Galegas)