Alumnos da escola infantil A Galiña Azul coñecen a Biblioteca Municipal de Baiona.

Imprimir
alumnos-galia-azul-baiona

Co fin de fomentar entre os máis pequenos o hábito pola lectura, a biblioteca municipal de Baiona organizou a visita de medio centenar de nenos e nenas da escola infantil ás súas instalacións.

Durante a xornada os pequenos coñeceron o funcionamento da biblioteca e recibiron o carné de socio que lles dará acceso a solicitar libros na modalidade de préstamo.

Para facer máis atractiva esta actividade, no programa elaborado polos responsables da biblioteca municipal, tamén se incluíu unha sesión de contacontos e de animación á lectura.