Finaliza o ciclo de TERTULIAS do IEM co faladoiro do xornalista Xosé Manuel Pereiro Sánchez.

Imprimir
Xos_Manuel_Pereiro-v-mior

Remata o ciclo de Tertulias 2010-11 do Instituto de Estudos Miñoranos co faladoiro do xornalista Xosé Manuel Pereiro Sánchez, o vindeiro venres 3 de xuño. Pereiro será presentado pola tamén xornalista Rita Alonso Pérez (TVE).

O faladoiro dará comezo ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar). Ao remate haberá unha cea co convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, para asistir á mesma é necesario facer reserva polo que os interesados deben facelo chamando ao 986 360 575 (polas tardes) ou no 680 644 490.

XOSÉ MANUEL PEREIRO SÁNCHEZ

Licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid, onde fundou, xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Lois Pereiro (a quen se dedicou a edición 2001 das Letras Galegas), a revista Loia.

Traballou como redactor ou colaborador en prensa escrita (Faro de Vigo, La Voz de Galicia) e radio (Ondas Galicia, Radio Nacional).

Director e guionista de programas de televisión (en TVE e TVG), promoveu tamén proxectos culturais como as revistas La Naval ou Bravú ou o portal de internet Bravu.net.

Foi redactor de TVE en Galicia desde 1988 a 2008, e desde 1985 correspondente de El País. Na actualidade é tamén columnista neste periódico e en La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo, así como en medios dixitais.

Ten publicado un libro de textos periodísticos, Si home si (Edicións Xerais de Galicia). Actualmente é o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.