Premios Xerais 2011

Imprimir
Héctor Carré, Xavier Queipo e Anxo Fariña (ezq. a dta.), na Illa de San Simón.

Os Premios Xerais 2011 recoñeceron a Xavier Queipo como gañador na categoría de novela coa obra Extramunde, a Héctor Carré co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil por Febre; e a Anxo Fariña co Premio Merlín de Literatura Infantil por A Chave dá Atlántida.

Deste xeito, o xurado da XXVIII edición do Premio Xerais de Noveladotado con 25.000 euros e ao que concorreron corenta obras  valorou a "calidade" da escrita de Queipo en Extramunde, na que destaca "unha arranque espectacular e unha enorme plasticidade", xunto a "un pulso narrativo vibrante, de gran intensidade".

Pola súa banda, o xurado da Vª edición o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros, premiou a obra Febre do director de cine nacido na Coruña Héctor Carré que relata un episodio localizado na localidade de Noia, durante a "febre do volframio" extraído de forma clandestina en plena II Guera Mundial.

Así mesmo, o xurado da XXVI edición Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, recoñeceu a obra de ciencia ficción de Anxo Fariña A chave dá Atlántida polo seu "ritmo trepidante" no que se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades da robótica futurista.

Ao acto literario-musical celebrado o pasado  sábado 11 no Auditorio da Illa de San Simón, e presentado por Celia Torres, asistiron máis de 300 asistentes, entre os que se atopaban, entre outros, o director de Xerais, Manuel Bragado, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o alcalde de Redondela, Javier Bas, e o director xeral do Libro, Francisco López Rodríguez.

Dim lights Embed Embed this video on your site
Dim lights Embed Embed this video on your site
Dim lights Embed Embed this video on your site