Vetusta Morla e Iván Ferreiro completan o cartel do festival portAmérica de Nigrán

Imprimir
Iván Ferreiro e Vetusta Morla completan o cartel do festival portAmérica

Vetusta Morla e o nigranés Iván Ferreiro completan o cartel difinitivo do festival portAmérica de Nigrán.

Os prezos das entradas para todo o festival rondan entre os 35€ para as primeiras 3000 entradas anticipadas e os 45€ para o resto.

 

Xunto a eles, froito desta xanela aberta entre América e Europa, tocarán figuras da talla dos mexicanos Zoé e Julieta Venegas, os británicos KittyDaisy & Lewis e a arxentinos Onda Vaga, acompañados de Love of LesbianDepedro, Corizonas, Eme DJ, Xoel López e Eladio y los Seres Queridos.

Do 19 ao 21 de xullo, Porto do Molle será testemuña dun festival de música, ideas e innovación único en Galicia. Desde o seu cartel de artistas internacionais á súa comunidade online de propostas e coworking, pasando polo seu espazo de gastronomía, portAmérica quixo facer unha firme aposta polo talento que actualmente existe en Europa e América e ofrecerlles unha xanela con visibilidade cara ao mundo.

Un talento que ten unha ampla representación de Galicia, xa que a metade dos 18 grupos que compoñen o cartel de portAmérica son galegos: Colectivo Oruga, Combo Dinamo, Xoel López, Disco As Palmeiras, Eladio e os seres queridos, a Orquestra Metamovida, Srasrsra, Iván Ferreiro e Martynez.

vetusta morla

É unha das bandas españolas con mellor acollida entre o público e a crítica do pop-rock nacional independente dos últimos tempos. A portAmérica chegan co seu último disco, "Mapas", composto e gravado despois dunha intensa xira que os levou por escenarios de todo o mundo. Será a súa única data en Galicia este ano.

Falar de Iván Ferreiro en Nigrán é falar de casa, familia e amigos. O que foi 13 anos cantante de Piratas e é aínda un dos artistas de éxito na música nacional actual, naceu e vive en Nigrán, así que para el tocar en portAmérica é xogar en casa. Virá co seu novo disco debaixo do brazo, "Confesións dun artista de merda", e algunha desas cancións súas que nunca pasan de moda.

Entradas á venda

As entradas para esta primeira edición de portAmérica xa poden comprarse desde a páxina web oficial do festival www.portamerica.es  ou ben vía www.ticketmaster.es  ou www.codetickets.com 

Os abonos para o tres días de concertos terán un prezo especial de lanzamento de 35 euros máis gastos de distribución , pero só para os 3.000 primeiros que os compren. Os abonos para os concertos e 5 días de acampada (do 18 ao 22 de xullo) custan 45 euros máis gastos de distribución .As entradas individuais sairán á venda en próximos días.

Un festival distinto

Do 19 ao 21 de xullo, Porto do Molle será testemuña dun festival de música, ideas e innovación único en Galicia. Desde o seu cartel de artistas internacionais á súa comunidade online de propostas e coworking, pasando polo seu espazo de gastronomía, portAmérica quixo facer unha firme aposta polo talento que actualmente existe en Europa e América e ofrecerlles unha xanela con visibilidade cara ao mundo.

Un talento que ten unha ampla representación de Galicia, xa que a metade dos 18 grupos que compoñen o cartel de portAmérica son galegos: Colectivo Oruga, Combo Dinamo, Xoel López, Disco As Palmeiras, Eladio y los seres queridos, a Orquestra Metamovida, Srasrsra, Iván Ferreiro e Martynez.

Xunto a eles, froito desta xanela aberta entre América e Europa, tocarán figuras da talla dos mexicanos Zoé e Julieta Venegas, os británicos Kitty, Daisy & Lewis e a arxentinos Onda Vaga, acompañados de Love of Lesbian, Depedro, Corizonas e Eme DJ.

O festival  conta con páxina en Facebook  e en Twitter  (@portAmerica) onde se poderán seguir todas estas actualizacións e novidades.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site