Publícase o libro "As noces do Arco da Vella", de Miguel Anxo Mouriño.

Imprimir
capa
miguel-mourino
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

 

"Paulo ten a alma de cores.

Isto Pásalle porque os seus

ollos son coma ás bolboretas

brincadeiras e porque a ten

chea de alegrías e roibéns."

O mestre e escritor Miguel Anxo Mouriño obséquianos novamente cunha entrañable historia titulada As noces do Arco da Vella (Editorial Galaxia, 2012). O libro narra as aventuras dun rapaz (Paulo) que da man do seu avó, se enfrontan aos misterios dunhas noces moi particulares agochadas tras o paso do Arco da Vella pola leira familiar. A narración vai acompañada das cores e delicados debuxos da ilustradora Minia Regos.

O libro forma parte da colección Os Duros deseñada por Fausto Isorna. Unha colección en capa dura cun deseño orixinal que combina títulos clásicos con tradicionais, enfocada para os "duros da casa" que comezan a aventura de ler.

Sen dúbida, unha obra máis que recomendable para a lectura familiar nesta tempada de vacacións de verán.