Os afectados piden aos directivos de NGB que máis que perdón, que colaboren coa investigación da estafa millonaria

Imprimir
Castellano e González-Bueno, tras a comparecencia - Imaxe CC BY-SA Praza Pública
Resposta feita pública por un cliente de NCG Banco © A.L.C.
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

NGB comeza unha campaña publicitaria de lavado de imaxe para recuperar a credibilidade perdida trala estafa das preferentes e as suculentas indemnizacións dos antigos directivos.

Os directivos recoñeceron onte  a solicitude de 6.000 millóns de euros do rescate europeo para cubrir as necesidades impostas nos decretos.

Os afectados non tardaron en responder aceptando as desculpas e pídenlle aos novos directivos que declaren e aporten probas de "cómo la entidad planificó, organizó , incentivó y presionó a sus empleados para llevar a cabo esta estafa masiva

 "Con todo, antes de nada, queremos pedir desculpas no nome do banco polo que se fixo mal na etapa anterior." Con esta frase asinada polos directivos de Novagalicia Banco, dentro dunha nova campaña de lavado de imaxe da entidade, espertou na xornada pasada o opinión pública. José María Castellano Ríos, presidente executivo, e César González-Bueno Mayer, conselleiro delegado da institución financeira comezaban así un decálogo onde comprometíanse a "ser o mellor banco nacido dunha caixa".

Baixo o título "O noso compromiso con Galicia", a directiva de Novagalicia Banco admitían que as predecesoras Caixanova e Caixa Galicia comercializaron preferentes entre os clientes particulares sen que estes tivesen "suficientes coñecementos financeiros, causándolles así tan graves problemas." No mesmo texto e sen dar nomes tamén afirmaban " Pedimos perdón polas abusivas indemnizacións que percibiron algúns exdirectivos das antigas caixas."

Pola súa banda, a Plataforma de Afectados da Comarca do Morrazo - a primeira das tantas constituídas en todo o país- respondía aos directivos cun comunicado onde se salientaba que "tanto el señor Castellano como el señor Gonzalez-Bueno no deberían pedir perdón por algo que no han hecho, pero sí deberían hacerlo los antiguos directivos, como los señores Pego, Mendez, Gayoso y también parte de los empleados ".

A plataforma de afectados agrega que non cesarán nas súas mobilizacións "hasta que haya unha solución, que no sea como pretenden en Bruselas,  con una perdida mayor del 50% del capital ", si non unha solución que "devuelva sus ahorros a todos los afectados, no a una parte como pretende el señor conselleiro Puig. Una solución justa, y justa es solamente la devolución integra."

6.000 millóns de euros do rescate para NGB

Na comparecencia ante os medios recollida este xoves polo diario Praza Pública, os directivos puxeron cifra á axuda de capital que solicitarán do rescate. Tras o baile de cifras dos últimos meses Castellano confirma que "pedimos 6.000 millóns de euros" que "cubrirían con exceso as necesidades dos dous decretos", isto é, os requisitos dos dous saneamentos bancarios estipulados polo Goberno central a instancias europeas. Así e todo, esa petición non ten por que chegar íntegra, "a cantidade determinarase en setembro", admite González-Bueno, sempre de acordo cos ritmos marcados no memorando do rescate -documento no que o Eurogrupo fixa as condicións do mesmo.

Solución ás preferentes e investigación

Tal que como recolle Praza Pública, mentras Novagalicia traza estes plans sobre a mesa segue un problema que non entende de memorandos nin de macroeconomía: as reclamacións, por veces desesperadas, das persoas que se senten "estafadas" polas participacións preferentes, os produtos de investimento perpetuos e de alta complexidade que moitos mercaron enganados, pensando que tiñan un simple depósito de aforros. É precisamente a eses clientes estafados aos que se dirixe esencialmente esa petición de "perdón", se ben os colectivos que os representan esixen que as desculpas veñan acompañadas de solucións. "Estamos facendo todas as xestións para devolver eses cartos" e "cremos que imos atopar unha solución aceptable", di Castellano.

Esa confianza chega nun panorama que, admite González-Bueno, se volveu "máis complexo" por mor do rescate, xa que as súas condicións "establecen un reparto de cargas" segundo as cales "os investidores teñen que participar nas perdas", e neste ámbito entran tamén os afectados das preferentes. Non obstante, o conselleiro delegado de NCG Banco ve "claro" que neste caso "hai un argumento adicional", o das persoas que "non sabían claramente o que mercaban" e eran "claramente aforradores, con intención de aforrar e non de investir". "Neses casos poderíase dicir que eses contratos ao mellor non tiñan validez", argumento que, asegura, "está a callar e estase a entender" por parte das autoridades. "É previsible que pola vía xudicial, da arbitraxe ou por algunha vía razoable, se resolvan eses casos", subliña. Nesta liña, avanza que Novagalicia non pensa en recorrer a demanda interposta pola Fiscalía Xeral de Galicia a prol dos afectados: "os intereses do banco non son só opoñerse por interese económico" e "cousas que en principio beneficiarían o banco -evitar as devolucións- en realidade non o benefician".

Neste mesmo sentido, Castellano asegura que "se hai algunha responsabilidade" legal "esixible" a quen "estivo en épocas anteriores", "esixirase" e por iso, malia non entrar "en temas de política", amósase partidario de que "se houbo responsabilidades, que se depuren", tamén pola vía da comisión de investigación no Parlamento de Galicia. "Estamos a favor da transparencia e se iso axuda á transparencia da entidade, a coñecer o pasado e a non caer nos mesmos erros, benvido sexa". El, para comezar, xa será chamado a comparecer no Congreso dos Deputados e así ao fará porque, asegura, "non teño nada que ocultar".

Mobilizacións e protestas en toda Galicia.

A Plataforma de Afectados por las Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas de Novagalicia Banco na comarca do Morrazo, lanzaron unha convocatoria para a manifestación do vindeiro sábado 14 de xullo, ás 20 horas que partirá dende a antiga sucursal de Caixanova (Avda. Ourense, 27) e percorrerá Cangas para finalizar na vella Alameda.

Vigo acollerá dúas protestas o día 16 e o día 19. No primeiro dos casos a cita sairá ás 10 da Travesía de Vigo para percorrer Urzaiz , Vía Norte, Colón e rematar na sucursal de Novagalicia da praza Fernando o Católico, onde terminará a marcha sobre as 12.00 horas. A do 19 partirá dende a rúa Pizarro ás 10 da mañá e continuará por Vázquez Varela, Ecuador, Gran Vía, Urzaiz e Colón, onde rematará a protesta fronte á central de Novagalicia en García Barbón.

A mobilización máis grande celebrarase o próximo 21 de xullo en Santiago, xa que á cita están convocadas todas as plataformas de afectados de Galicia. A marcha sairá ás 11 da Alameda para pasar polo Parlamento, o Casco Vello e terminar na praza da Quintana sobre as 14.00.

Os organizadores porán a disposición autobuses dende Nigrán e Vigo.