“Etiquetados en galego, por favor”.

Imprimir
camiseta-de-tiras-piorno design

 

Non son poucos os empresarios miñoranos que decidiron hai tempo nomear os seus establecementos na nosa lingua. Non é ningún secreto no eido comercial que os clientes prefiren os lugares onde se "respira" proximidade cos seus hábitos e costumes. Se son turistas, aínda mellor, o autóctono é a maior sedución á hora de elixir os destinos gastronómicos ou de vista . A quen seduciría mercar en Francia obsequios con etiquetas en inglés ou en mandarín?

Nembargante, aínda mantense a costume de etiquetar produtos da terra noutras linguas.  A Irmandade Galega de Adegueiros convídanos a través do Foro E. Peinador a "non comportarnos como consumidores pasivos e promovamos a galeguización comercial". Respondamos ás propostas que nos fagan en calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: “Etiquetados en galego, por favor”.

Vídeo da campaña

Dim lights Embed Embed this video on your site