O aumento "encuberto". O goberno sube o IRPF dos autónomos do 15% actual ao 21%.

Imprimir
consejo ministros_pp

Os comerciantes, profesionais e pequenos empresarios da bisbarra terán que asumir unha nova carga a partir do vindeiro 1º de agosto, o IRPF subirá do actual 15% ao 21%.

A medida que non foi anunciada por Mariano Rajoy no parlamento nin na rolda de presa posterior ao Consello de Ministros, deste venres, chegou a través da páxina web da Moncloa, cuxa referencia do Consello de Ministros incluía o seguinte e conciso parágrafo: "Se eleva temporalmente, del 15 por 100 al 21 por 100, la retención por rendimientos de actividades profesionales y el ingreso a cuenta por rentas del trabajo derivados de impartir cursos, seminarios o conferencias, obtenidos desde el 1 de agosto de este año hasta el 31 de diciembre de 2013".

O aumento do IRPF súmase a varias medidas recentes que afectaron especialmente aos autónomos. A subida do IVE xa foi motivo de protesta de varios colectivos. De momento a única declaración sobre o tema foi ao do presidente da Asociación de Trabajadores Autómos , Lorenzo Amor que confirmou á prensa que a decisión abarca a tódolos profesionales.